Globalviti

16 de Decembro de 2016

Mellora do cultivo da vide fronte ao cambio climático

Mellora do cultivo da vide fronte ao cambio climático

PAISAJE DE OUTUNO OTO?O DE O SALNES  PARA BODEGA MARTIN CODAX *** Local Caption *** VINO VI?AS ALBARI?O RIAS BAIXAS

MARTÍN CÓDAX PARTICIPA NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO GLOBALVITI.

O proxecto investiga como mellorar o cultivo da vide fronte ao cambio climático con novas tecnoloxías e técnicas innovadoras

  • O CDTI aproba o proxecto consorciado de I+D GLOBALVITI que arranca cunha inversión de 8,8 millones de euros.
  • Participan 8 socios, incluíndo algunhas das bodegas e empresas do sector vitivinícola máis importantes de España, e 13 organismos de investigación.
  • Esta iniciativa empregará a máis de 165 profesionais do sector do viño, destes, 37 son novos empregos directos.

16 de decembro de 2016.-

O Consello de Administración do CDTI, aprobou na súa reunión do pasado 30 de novembro 2016, o proxecto de I+D GLOBALVITI “Solución global para mellorar a produción vitivinícola fronte ao cambio climático baseada en robótica, en tecnoloxía IT, e en estratexias biotecnolóxicas e do manexo do viñedo”, no marco do programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial Nacional (CEN).

Este proxecto foi un dos 16 proxectos seleccionados polo CDTI na convocatoria CEN do ano 2016, cuxa finalidade é financiar grandes proxectos de desenvolvemento experimental en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional.

O obxectivo do proxecto GLOBALVITI, que levará a cabo durante o próximos catro anos, cun investimento de 8,8 millóns de euros, é situar ao sector vitivinícola español como referente a nivel mundial na procura de solucións e aplicación de técnicas innovadoras en relación ás enfermidades da madeira, ao manexo integral do viñedo e nos procesos de vinificación nun contexto de cambio climático. Esta proposta inclúe a aplicación de tecnoloxías IoT (Internet of the things) e Big data que facilitarán a transición dixital das bodegas españolas e o despegamento tecnolóxico do sector.

As enfermidades da madeira están consideradas como a filoxera do século XXI. Actualmente xeran un custo anual de replante de vide no mundo de máis de 1.100 millóns de euros. En España estímase unha media de entre un 3% e un 20% de plantas afectadas, xerando perdas económicas moi elevadas.

A iniciativa GLOBALVITI está formada por un Consorcio vitivinícola de ámbito nacional con oito socios empresariais, no que están presentes algunhas das bodegas e empresas do sector produtor e auxiliar vitivinícola máis importantes do noso país. Está liderado por Bodegas Torres, e conta coa participación como socios de Bodegas Pago de Carraovejas, de Bodegas Ramón Bilbao, de Juvé & Camps, de Bodegas Martín Códax, do Grupo Hispatec, da empresa de maquinaria vitícola Pellenc Ibérica e de Viveiros Villanueva Vides.

Ademais, xunto a estas empresas participan trece grupos de investigación nacionais pertencentes a 6 comunidades autónomas e investigadores de referencia, tanto españois como de institucións canadenses, australianas e francesas.

O proxecto GLOBALVITI previu crear 37 empregos directos (titulados superiores ou medios) e 51 indirectos, incorporando nun traballo multidisciplinar en equipo, a máis de 165 profesionais do sector, dos cales 60 son mulleres, é dicir, un 36%. Así mesmo, prevé mobilizar un investimento inducido global que excederá os 4.000.000 millóns de euros no período 2021-2024.

Sobre o proxecto GLOBALVITI :

GLOBALVITI é un proxecto consorciado de investigación industrial e desenvolvemento experimental que pretende mellorar a produción vitivinícola fronte ao cambio climático a través de novas tecnoloxías, de estratexias biotecnológicas e do manexo do viñedo.

O consorcio compóñeno oito empresas: Bodegas Torres, como líder do proxecto, Pago de Carraovejas, Bodegas Ramón Bilbao, Juvé & Camps, Bodegas Martín Códax, Grupo Hispatec, Pellenc Ibérica e Viveiros Villanueva Vides, xunto a trece organismos de investigación de referencia nacional.

O proxecto dispón dun orzamento global de 8,8 millóns de euros, conta co apoio financeiro do programa CEN do CDTI e desenvolverase ata xullo de 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    20 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Anabel
    1 comentario
  • Andy Mayobre
    1 comentario
  • Angel
    1 comentario
  • Arantxa
    1 comentario