IX Edición dos Premios Martín Códax da Música

05 de Xullo de 2022

Os Premios Martín Códax da Música fan un chamamento ó sector musical para participar na súa novena edición!

Os Premios Martín Códax da Música fan un chamamento ó sector musical para participar na súa novena edición!

Un ano máis, unímosnos á asociación de músicos Músicas ao Vivo, para poñer en valor aos músicos galegos e os seus proxectos musicais. Un ano de volta á normalidade no que a produción musical galega recupera a súa forza.

Na presentación desta novena edición púxose de manifesto a positiva recuperación da actividade musical galega respecto aos dous anos anteriores. Natasia Zúrcher, secretaria de Músicas ao Vivo, mencionaba ´Nótase que hai ganas de gozar da música e de todo o que leva asociada. Nese sentido, queremos sumarnos a este carro positivo e festexar´.

291983311_1915491428648398_2933281486548132215_n

Os Premios Martín Códax da Música seguen crecendo, e este ano contan con dúas novas categorías: Artista do Ano e Artista Emerxente; sendo así 22 os galardóns totais desta edición. Ademais, os premios Organistrum, que galardoan a medios de comunicación, salas e festivais, volven á normalidade tras ser concedidos o ano pasado de forma extraordinaria a salas e festivais a causa da pandemia.

Para a bodega este proxecto é, en palabras do noso director de marketing, Jorge Pallarés, “pertencer a un proxecto colaborativo e apoiar á cultura, ambas partes intrínsecas do noso ADN corporativo”.

A inscrición dos proxectos, totalmente gratuíta, será dende o 11 ao 31 de xullo. O 14 de setembro comunicaranse os proxectos seleccionados e a gala de entrega de premios terá lugar o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario