Unha sesión de flamenco a cargo de Moisés Fernández, Josemi Carmona y los Hijos del Agobio y Paquete inaugura por todo o alto “Os Xoves de Códax”, a IX edición do ciclo musical de Bodegas Martín Códax

22 de Xullo de 2022

O xoves 21 de xullo comezou o tan ansiado ciclo musical solidario de verán. Un ano máis a recadación das entradas doarase a entidades solidarias. Con máis de 150.000 euros entregados, ata o de agora, este ano a beneficiaria do primeiro concerto será Cáritas Arousa

O xoves 21 de xullo comezou o tan ansiado ciclo musical solidario de verán. Un ano máis a recadación das entradas doarase a entidades solidarias. Con máis de 150.000 euros entregados, ata o de agora, este ano a beneficiaria do primeiro concerto será Cáritas Arousa

Os Xoves de Códax volven por todo o alto da man dunha sesión de flamenco con destacados artistas da talla de Moisés Fernández, Josemi Carmona y los Hijos del Agobio e o guitarrista Paquete.

Referencia galega no mundo do flamenco, Moisés Fernández, ademais membro do grupo Tacón Gitano, colaborou con artistas de renome coma Jorge Pardo, Juan José Suárez el Paquete, Ricardo Moreno, Alba Molina, Falete, Ramón Porrina, Josemi Carmona, Kiki Morente, Arcángel, Azúcar moreno, José Del Tomate, Pablo Martín Caminero, Diego De Morao, entre outros.

Josemi Carmona encabeza esta impresionante formación que reúne a algúns dos mellores músicos do país. O que se ía xestando en silencio durante as viaxes e os ensaios da xira de volta de Ketama no ano 2019, converteuse nun interesante proxecto musical que vería luz nunha jam session no Festival Flamenco on Fire dese mesmo ano.

“Josemi Carmona y Los Hijos del Agobio” é unha proposta que, co inconfundible selo Carmona – raíz, modernidade, fusión-, aposta pola improvisación e por congregar ó público na pista de baile, para o que conta cun ecléctico repertorio que vai dende versións de Alejandro Sanz, Jeros ou Caetano Veloso, ata composicións do propio Josemi.

Ademais, esta xornada inaugural, contaou con Paquete, recoñecido guitarrista nado en Madrid, descendente da familia dos Porrina, que formou o grupo “La Barbería Del Sur” con Enrique Heredia en 1991 e que actuou ó longo da súa carreira con artistas de moi diversas características, como Antonio Canales, El Güito, Enrique Morente, Estrella Morente, Joaquín Cortés, Niña Pastori, Manzanita, Montse Cortés, Mecano, Radio Futura.

Cabe destacar o compromiso social destes eventos e que a recadación de cada un dos concertos de cada Xoves terá asinada una ONG. Ó longo das oito edicións celebradas ata agora, os ciclos dos “Xoves de Códax” recadaron máis de 150.000 euros, que foron repartidos entre diferentes asociacións solidarias da contorna máis próxima da adega e de Galicia.

A organización beneficiaria da recadación do concerto de Moisés Fernández, Josemi Carmona y los Hijos del Agobio e Paquete é Cáritas Arousa, entidade que desenvolve diferentes accións sociais, entre elas a atención básica a familias e persoas en situación ou risco de exclusión laboral. Ademais, ofrecen comedores sociais, roupeiros, servizos de hixiene e lavandaría, alfabetización de adultos, comedores como unha seda para persoas maiores e dependentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario