Uxía e Javier Ruibal, en compañía de Pedro Guerra, dotaron de nova melodía ás poesías de Rosalía e Lorca, en “Os Xoves de Códax”

29 de Xullo de 2022

Todos os concertos da IX edición deste ciclo musical son solidarios. A recadación deste xoves, 28 de xullo, irá destinada á Asociación de familias de persoas con parálise cerebral de Vigo

Todos os concertos da IX edición deste ciclo musical son solidarios. A recadación deste xoves, 28 de xullo, irá destinada á Asociación de familias de persoas con parálise cerebral de Vigo

O concerto deste Xoves de Códax foi unha sesión especial De tu casa a la mía, un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer alas á poesía de ámbolos dous autores.

Uxía e Javier Ruibal foron os encargados de dotar de novas melodías a estes poemas. Este xoves 28 de xullo, na terraza de Bodegas Martín Códax e co solpor de fondo, fixéronnos coñecer máis en profundidade a súa obra e tamén descubrir a profunda admiración que Lorca sentía por Rosalía, nesa unión norte-sur presente na súa poesía que, no caso de Lorca, terá a súa culminación ó escribir os Seis poemas gallegos. Editados en 1935, inclúen un canto de berce no que, diante da súa sepultura, o poeta chama a Rosalía a erguirse.

Uxía e Ruibal veñen da música popular ibérica que se proxecta ó mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron ós seus versos, que son pura musicalidade e inspiración.

Nesta IX edición dos Xoves de Códax, estes dous artistas estiveron acompañados polo cantautor canario Pedro Guerra, quen pouca presentación necesita. Guerra é un dos compositores máis recoñecidos do panorama musical que compuxo e colaborou con artistas como Silvio Rodríguez, Fito Páez, Víctor Manuel e Ana Belén. Entre outros, ó longo da súa extensa carreira, recibió o Premio Ondas á mellor canción do ano no 1994 e estivo nominado en tres ocasión ó Grammy Latino e ós Premios Goya no ano 1999 á mellor BSO da película Mararía.

Ao longo das oito edicións celebradas ata agora, os ciclos dos “Xoves de Códax” recadaron máis de 150.000 euros, que foron repartidos entre diferentes asociacións solidarias da contorna máis próxima da adega e de Galicia. A recadación deste xoves irá destinada á Asociación de familias de persoas con parálise cerebral de Vigo (APAMP).

Esta entidade sen ánimo de lucro foi constituida no ano 1977 por familiares de persoas con parálise cerebral ou discapacidades similares. Contribúen ao desenvolvemento do proxecto de vida de cada persoa con parálise cerebral, proporcionándolle as oportunidades e recursos necesarios para conseguilo. Os profesionais e as familias traballan creando redes de apoios e recursos que faci – liten e tezan a estrutura necesaria para o desenvolvemento en igualdade de oportunidades das persoas con parálise cerebral e para as súas familias.

A entidade investirá a achega económica recibida en renovar e ampliar o equipamento do servizo de lavandaría do seu centro residencial, situado no barrio vigués de Navia, logo da ampliación de 16 novas prazas a finais do ano 2021. O seu obxectivo é mellorar a confortabilidade de 46 persoas que actualmente viven neste centro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario