Xabier Díaz e Antía Muíño: dúas xeracións musicais que se volven cómplices en “Os Xoves de Códax”

05 de Agosto de 2022

A Fundación Lar será a beneficiaria do concerto deste 4 de agosto, en Bodegas Martín Códax. O diñeiro recadado investirase nun proxecto lúdico para loitar contra o estigma que hai sobre as enfermidades mentais, dirixido a un público adolescente

A Fundación Lar será a beneficiaria do concerto deste 4 de agosto, en Bodegas Martín Códax. O diñeiro recadado investirase nun proxecto lúdico para loitar contra o estigma que hai sobre as enfermidades mentais, dirixido a un público adolescente

Xabier Díaz e Antía Muíño ofreceron unha conversación entre dúas xeracións moi diferentes e afastadas no tempo, no último “Xoves de Códax”. Atopáronse para mirar á canción como fórmula e como xénero e dialogaron desde a complicidade, tentando acurtar esa distancia xeracional. Unha mostra máis de que o ciclo musical solidario de Bodegas Martín Códax está cheo de maxia, de ensinanzas, de solidariedade e de excelentes artistas.

A proposta deste xoves, en Os Xoves de Códax, levou a Xabier Díaz a viaxar no tempo, para revisar e anticipar en cancións dunha autora nova e extraordinaria. Á súa vez, Antía Muíño tamén fixo unha viaxe para compartir o mundo de Xabier e a súa forma de ver a canción. Os dous artistas comparten o amor pola canción no seu sentido máis acústico, facilitando a conexión e o encontro.

No concerto deste xoves estiveron acompañados de extraordinarios músicos. Dous dos ilustres que acompañan habitualmente a Xabier Díaz, Roberto Grandal e Iván Costa, e un reencontro moi especial, Guillerme Fernández, con quen Xabier tivo o pracer de compartir varios proxectos como Berrrogüeto, Arrolos de Salitre, o seu primeiro disco Músicas de Salitre, ou tamén A Cada Canto con Guadi Galego e Xosé Lois Romeu. Por parte de Antía uniuse o seu compañeiro habitual, Miguel Arribas, un excelente saxofonista, que tamén achegou a este proxecto o seu universo e a súa linguaxe.

No terceiro concerto, deste verán, da IX edición de “Os Xoves de Códax”, na terraza da adega cambadesa, dúas xeracións moi diferentes miráronse, con respecto, e dialogaron sen ningún tipo de distancia, ao redor da canción feita en galego.

Desde a Fundación Lar explican que o diñeiro recadado no concerto solidario de Xabier Díaz e Antía Muíño en Os Xoves de Códax, deste 4 de agosto, investirano nun proxecto para loitar contra o estigma que hai sobre as enfermidades mentais.

A Fundación Lar pro Saúde Mental é unha entidade sen ánimo de lucro, legalmente constituída o 23 de decembro de 1997. O seu obxectivo xeral é a rehabilitación psico-socio-laboral de persoas con trastornos mentais graves e persistentes. Dende ela posibilitan a recuperación e utilización das habilidades e competencias persoais e sociais para integrarse con autonomía no medio familiar, social e laboral. Entre os seus labores está a creación de programas residenciais: pisos protexidos, mini-residencias e outras estruturas intermedias, que potencian actividades de terapia ocupacional e formación e a atención especializada a adolescentes con problemática  psiquiátrica.

O proxecto chámase “Un intruso no meu cerebro” e está dirixido á poboación infantojuvenil (menores, de entre 11 e 13 anos). A través dun cómic, un curto, un gift e material didáctico ilustrarán e informarán as enfermidades mentais, de maneira lúdica, rompendo os estereotipos que hai sobre elas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario