Os Xoves de Códax reparte preto de 45.000 euros

07 de Setembro de 2018

El ciclo dono máis de 100.000 euros durante estas sete edicións

El ciclo dono máis de 100.000 euros durante estas sete edicións

ajsfjhsdf

Esta mañana fíxose entrega das doazóns ás entidades beneficiarias da sétima edición do ciclo de concertos Os Xoves de Códax. Este ano o ciclo, que reúne a artistas galegos e de todo o mundo en espectáculos de fusión cultural e musical, contou con oito concertos abertos ao público, así como un noveno exclusivo para socios da bodega e pechado ao público, pero tamén de carácter solidario. Así, ás oito entidades dadas a coñecer con anterioridade, súmase tamén a Fundación Andrea, asociación dende a que dan atención e apoio económico, moral e informativo ás familias con fillos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, facilitando solucións e axudas.

Cos concertos celebrados ao longo deste verán, recadáronse preto de 45.000 euros a repartir entre as nove asociacións. En cifras xerais, a cantidade total recadada e doada ao longo de todo o ciclo ascende xa a máis de 100.000 euros.

Por parte da bodega ao acto asistiron o presidente de Bodegas Martín Códax, Xoan Allegue, e a directora de Márketing e Comercial, María Garrido, que agradeceron a solidariedade de todos os asistentes ao ciclo Os Xoves de Códax, que fan posible esta colaboración co grande traballo que levan a cabo dende as diferentes entidades. Os representantes das asociacións tamén aproveitaron para dedicar unhas palabras de agradecemento á bodega por esta iniciativa, que lles permitirá levar a cabo diferentes proxectos destinados a axudar á sociedade.

Por parte das asociacións asistiron Mario Trigo Hombre, presidente da Asiciación Bata; Eva María Silva Noal, secretaria e xerente da asociación TDAH Salnés; Carmen Fernández Pego, secretaria de APROPARK; Mila Hermida, educadora social de Cáritas; Marie Isabelle Prado, vicepresidenta de Afaga; Amaya Castro Noya, da Fundación Andrea; Mayte Celeiro, da asociación Arela; Alicia Rey Taboas, administrativo e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí; e Rosa María Fernández Cortizo, técnico de Administración e responsable de Calidade do Centro Princesa Letizia da Asociación Amencer-Aspace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    35 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • alicia bará
    1 comentario
  • Anabel
    1 comentario