Outono Códax Festival 2018

14 de Setembro de 2018

VIII edición

VIII edición

Imagen 2

Imagen 1

ANUNCIO CODAX MEDIA 2018 VERS3

Remata o verán, pero chega o outono e, con el, o Outono Códax Festival 2018!

O festival de música negra en Galicia, cita ineludible xa do outono galego, trae por primeira vez á nosa comunidade a cinco grandes grupos nesta VIII edición. Preparados para bailar a ritmo de soul, rythm& blues, swing ou rock’ n roll?

O próximo 19 de outubro, coa actuación de The Tibbs e The Rad Trads, inaugurarase este festival que este ano se alongará ata o 27 de decembro cunha homenaxe á recentemente falecida raíña do soul, Aretha Franklin: Aretha Soul Divas & The Silverbacks. As actuacións celebraranse en dúas salas compostelás, Capitol e Riquela. Xa podes ir anotando na túa axenda as datas que non che podes perder:

19 de outubro – The Tibbs e The Rad Trads

The Tibbs ( Amsterdam), unha das mellores bandas de retro soul en Europa chega por primeira vez a Galicia coa incrible voz de Elsa Bekman á fronte, comparada pola crítica coa voz da gran Janis Joplin. Con eles estarán The Road Trads (Nova York) que, cun estilo que recolle influenzas da música americana, paséanse polos estilos da música popular cunha enerxía vibrante.

09 de novembro – Luke Winslow King

Escoitando os desexos dos seguidores do Outono Códax, o preciosista Luke Winslow King regresa ao festival cun concerto acústico no que presentará o seu último traballo, Blue Mesa, o seu quinto disco en estudo que xa foi aclamado pola crítica.

10 de novembro – Marta Ren & The Groovelvets (O Porto) e Marem Ladson (Galicia)

Marta Ren, unha das grandes voces femininas do xénero en Europa, acompañada de The Groovelvets, chegan a Galicia por primeira vez. Ese mesmo día subirase ao escenario a galega Marem Ladosn, gran autora e vocalista feminina que, con apenas 19 anos, gravou o seu primeiro disco no que destaca a súa madurez.

24 de novembro – Natty Cangeroo & His Flames of Rhythm (Reino Unido), e J. P. Bimeni & The Black Belts (Burundi)

Os británicos Natty Cangeroo & His Flames of Rhythm chegan cos seus enérxicos directos e un repertorio propio cunha selección de clásicos de hoxe jazz e swing, para conquistar ao público. Con eles estarán o burundés afincado tamén no Reino Unido, J. P. Bimeni, unha das promesas do soul británico, e os seus The Black Belts, para presentar o seu primeiro traballo conxunto, Free Me, infestado de soul e rythm& blues.

27 de decembro – Aretha Soul Divas & The Silverbacks

Tras o recente falecemento da raíña do soul, Aretha Franklin, o festival pecharase cunha homenaxe a ela e ao seu traballo da man das catro das mellores vocalistas do soul a nivel nacional: Aretha Soul Divas & The Silverbacks. Mayka Edjole ( The Sweet Vandals), Shirley Davis ( Shirley Davis& The Silverbacks), Juno ( Juno& Darrell) e Astrid Jones ( Astrid Jones& The Blue Flaps) interpretarán coas súas impresionantes voces os éxitos da máis grande dama do soul. Estarán acompañadas de The Silverbacks, banda coa que prepararon esta homenaxe tan especial a Franklin.

 

Para asistir ao festival debes adquirir as entradas ou o bono para o ciclo completo tanto nos establecementos autorizados así como tamén a través das plataformas electrónicas www.ataquilla.com, www.ticketea.com e www.salacapitol.com. Tamén podes adquirir o “Rock’ nporte”, co que poderás asistir aos concertos de forma gratuíta ao realizar compras e consumicións nos establecementos colaboradores co festival.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario