441 proxectos optan ós Premios Martín Códax da Música

Noticias

_IX_7397_2

Xa queda menos para coñecer aos nomeados aos Premios Martín Códax dá Música! Este domingo pechábase o período de inscricións cun total de 441 proxectos presentados en diferentes categorías, mostrando unha vez máis a diversidade e calidade da música en Galicia.

Nesta sexta edición presentáronse un total de 388 proxectos musicais, 11 salas, 27 festivais e 15 espazos de comunicación musical. Tras pecharse o período de inscrición, este luns daba comezo a votación dos socios de Músicas ao Vivo, da que sairán os nomeados en cada categoría, que se coñecerán na Festa de Nomeados que celebraremos o próximo 24 de abril na bodega.

Tras darse a coñecer os finalistas por categoría será a quenda da votación do xurado integrado por músicos/as e profesionais do sector que serán quen decida que proxectos son os premiados nesta edición. Os gañadores coñeceranse na Gala dos Premios Martín Códax da Música, que terá lugar o 8 de maio no Pazo dá Cultura de Pontevedra.

Queres coñecer todas as novidades sobre esta edición?

Consulta a web www.premiosmartincodaxdamusica.com!

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed