54 finalistas optan a facerse cun Premio Martín Códax da Música

Noticias

finalistas

Cada vez estamos máis cerca de coñecer quen serán os gañadores da sexta edición dos Premios Martín Códax da Música! Este mércores acollíamos en bodega a Festa de Nomeados dos premios da música en Galicia, nun evento que estivo marcado por un ambiente festivo e cheo de ledicia entre todos os finalistas.

Tras a votación de todos os socios da Asociación de Músicas ao Vivo, organizadora destes premios, foron escollidos como finalistas un total de 54 proxectos, tres por cada unha das 15 categorías e os tres Premios Organistrum. Agora a sorte queda nas mans do xurado integrado por profesionais da música de diferentes ámbitos (interpretación, industria, formación, salas e comunicación) que decidirán que artistas e grupos se farán cun Melómano na gala final que se celebrará o vindeiro 8 de maio no Pazo da Cultura en Pontevedra.

Na gala entregarase tamén o Premio Honorífico Músicas Ao Vivo ao músico estradense Carlos Barruso, “en homenaxe a un compañeiro e personalidade clave para entender a evolución da música moderna en Galicia. Un profesional impecable e xeneroso, cun talento colosal que influenciou e segue influenciando a moitas xeracións de músicas e músicos”.

Xoan Allegue, presidente da nosa bodega foi o encargado de abrir o acto cunhas palabras nas que asegurou que “é unha honra dar o noso nome a estes premios que se converten na gran festa da música galega e na oportunidade para visibilizar e recoñecer o traballo de toda a comunidade musical”, e continuou destacando que estes premios son “unha aposta na que debemos estar unidas as empresas privadas e as administración públicas, comprometidas na difusión e fomento da nosa cultura”. Allegue tamén fixo fincapé na base cooperativista da asociación Músicas ao Vivo, e ese espírito e filosofía comúns coa bodega.

Sonia Lebedynski, presidenta Músicas ao Vivo, foi a segunda en intervir. Nos seu discurso agradeceu “a implicación das músicas e músicos galegos unha vez máis nesta edición” e asegurou que “o espírito de comunidade, de sector estratéxico, de familia, de industria, de riqueza, de colectivo, emana outra vez máis nestes premios”.

Ao encontro asistiu tamén o director da Agadic, Jacobo Sutil; o delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal; a concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces; a concelleira de Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías;a alcaldesa do Concello de Cambados, Fátima Abal; e o tenente de Alcalde do Concello de Cambados, Víctor Caamaño.

A continuación podes encontrar todos os proxectos finalistas da VI edición dos Premios Martín Códax da Música:

CATEGORÍAS MUSICAIS

Pop/ Indie Oh Ayatollah!
Espiño
Igloo
Rock Bala
Familia Caamagno
Mad Martin Trio
Músicas Urbanas Ezetaerre
Rebeliom do Inframundo – Ilegal
Wöyza
Música Clásica/Contemporánea Adrián Saavedra
Son Trío
Tangata & Orquestra Clásica de Vigo
Música Tradicional Galega e Folque Tanxugueiras
Os d’Abaixo
Habelas Hainas
Músicas do Mundo Marcos Teira ‘Nós’
Oîma
Turma Caipira
Música Infantil Xoan Curiel e a Banda do Verán
Concerto Punkinfantil
Olga Brañas
Música Electrónica Baiuca
Cintaadhesiva
Músculo
Metal Raiba
Nao
Cabodano
Reggae/ Ska/ Mestizaxe García Mc & Nación Quilombo
Banda Crebinsky
The Turre’s Band
Orquestras/ Grupos/ Música de Verbena Los Satélites
América de Vigo
Timparrantela
Blues/ Funk/ Soul Carmen Rey
Vudú
Carla Green & The Demons
Canción de autor/a A Banda da Loba
MJ Pérez
Su Garrido Pombo
Coros e grupos vocais Zoelas
Sisters in the House
Ejazz
Jazz e Músicas improvisadas Xacobe Martínez Antelo Trío
Xosé Miguelez – Ontology
Pablo Castaño Quartet Quartet feat. Ugia Pedreira

PREMIOS ORGANISTRUM

Festivais Nigranjazz
Festival de Pardiñas
Jazz de Ría
Salas A Arca da Noe
Sala Mardi Gras
El Contrabajo Club
Espazos de Comunicación Musical DiarioCultural-RG
Músicas Galegas Ilustradas
Lume na Palleira RG

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed