Lías, mellor viño de elaboración especial

Noticias

Estamos de noraboa. O noso albariño Martín Códax Lías, foi seleccionado pola revista Hostelería Galega e Turismo como o Mellor Viño Branco Galego de Elaboración Especial.

A cata realizouse recentemente no Hotel Oca Galatea de Portonovo (Sanxenxo) e nela contaron co asesoramento da Asociación Galega de Catadores (AGASU). Tras unha primeira selección de 30 mostras, os expertos que se deron cita alí, valoraron cada un dos viños e, finalmente, proclamaron como vencedor o Martín Códax Lías, tanto na categoría xeral coma na de Lías e Rías Baixas.

Nós levamos xa varios anos apostando pola versatilidade da uva albariño que permite, a través de diferentes elaboracións, crear non só viños novos, senón viños que perduran no tempo e que permiten ter no mercado diferentes anadas de forma simultánea. Trátase de viños, como Martín Códax Lías que ten unha crianza sobre as súas propias lías, que resultan moito máis complexos e con máis riqueza de matices para o consumidor. Viños con gran potencial aromático, perfecto equilibrio e moi sutís que están á altura e mesmo superan os elaborados con outras variedades vitícolas consagradas do mundo e que entraron a formar parte xa dos grandes viños brancos internacionais.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed