O xefe de cociña do Restaurante Alborada, Iván Domínguez, chegou aos Showcookings de Códax acompañado de todo o seu equipo, disposto a arriscar coas súas propostas e a sorprender aos asistentes que querían coñecer o seu traballo.
O evento tivo un cheo absoluto e as 50 persoas que tiveron o privilexio de ver o espectáculo que ofreceu marcharon cunha sensación inigualábel, despois de máis de 3 horas de orixinalidade, creatividade e calidade.
Nste showcooking, Iván quixo superar dous retos. O primeiro, como non podía ser menos, presentábase na maridaxe de Martín Códax Gallaecia, que el propuxo como inicio do menú acompañado dunha ostra tibia con papada e puré de limón asado con pan de centeo.
O segundo, foi escoller Martín Códax como viño para a sobremesa. E saiu vitorioso! Preparou un licuado de marmelo e queixo fresco que casaba perfectamente co noso albariño.
Este foi o resto do seu menú:
Vieira de Galicia á sal de Ramallo de mar, crema de raíces e herbas do litoral, armonizado con Martín Códax Lías 2012.
Xurel asado e afumado ao romeu con cenorias do país e crema picante de berzas, acompañado por Organistrum 2012
Codorniz asada en carcasa con mazaroquiñas e polenta cremosa, para Martín Códax Vindel 2012.
No vídeo, poderás ver como se viviu na bodega este showcooking.


