
Renovamos o selo Sustainable Wineries for Climate Protection, o estándar de sustentabilidade do sector vitivinícola. Un paso máis que reflicte o noso compromiso diario co territorio, o viñedo e as persoas.
O selo SWfCP permite avaliar de xeito rigoroso e verificable o desempeño das adegas en distintos ámbitos: medioambiental, social, económico e de gobernanza, aliñándose cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Grazas ao seu sistema de auditorías externas, garántese ademais a transparencia e a mellora continua dentro do sector.
Un logro de todo o equipo
Se algo temos claro é que este avance non sería posible sen as persoas que forman parte de Martín Códax.
Superar esta recertificación e facelo ademais mellorando os nosos resultados é un reflexo do compromiso colectivo de todo o equipo, que traballa día a día para que o noso proxecto siga crecendo de forma responsable.
Mirando o futuro coa mesma filosofía
A certificación SWfCP baséase nun modelo de mellora continua, o que nos impulsa a seguir avanzando e a expornos novos retos en materia de sustentabilidade.
Con esta recertificación mantenemos nuestro compromiso con un crecimiento responsable, fiel a nuestro origen cooperativo y a los valores que nos han acompañado desde el principio: el respeto por la tierra, la innovación y la voluntad de generar un impacto positivo en nuestro entorno.

