A Maré, de Lito Portela, en Bodegas Martín Códax

Noticias

lito portela

Como cada verán, acollemos nas nosas instalacións unha exposición de arte. Nesta ocasión, os protagonistas son os elementos do mar e as propias mariscadoras que o traballan, A Maré, obra do escultor e pintor Lito Portela.

A mostra estará exposta na bodega durante os meses de agosto e setembro, polo que, ao visitarnos, poderedes disfrutar non só de toda a cultura do viño senón tamén da arte.

Con ella Portela quere, por una parte, render homenaxe ás mariscadoras, oficio co que se sinte identificado, “un dos máis antigos e que aínda resiste, literalmente, coa auga ao pescozo”.

Os “Esperpentos” son outras das pezas que compoñían a mostra. En elas o azar xoga un papel moi importante controlando o trasfondo de cada unha. O resultado é unha serie de figuras que se aproximan ao estético, casi perfectas, con aspecto de xoiería, pero que á súa vez están formadas de elementos plásticos e cemento, materiais que, por contraposición, se acercan ao repulsivo. Entre elas pódense distinguir barcos, sereas e caracolas…

 

 

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed