Aprende e goza catando: outros sentidos

Noticias

No novo post de Aprende e Goza Catando, aprenderemos que non só os sentidos da vista, o olfacto e o gusto interveñen na cata, senón tamén, aínda que poida non o parecer, o tacto e o oído. Non. Non nos volvemos tolos.

O tacto forma parte dos sentidos que interveñen na cata a través das terminacións nerviosas da lingua e dos labios.

A sensación térmica é a primeira comprobación táctil que se pode percibir ao probar un viño. Adicionalmente, os viños de elevada graduación provocan certa impresión de ardor na boca.

A astrixencia é a sensación de sequidade, aspereza ou contracción dos tecidos da boca provocada polos taninos do viño e as substancias colorantes.

A agulla é a percepción de leves picadas no padal producido polo gas carbónico.

Aínda que pareza sorprendente, o oído tamén participa no proceso da cata, concretamente nos viños escumosos cuxa efervescencia transmite información sobre a calidade da burbulla.

No seguinte número, falaremos doutras curiosidades dos sentidos que seguro tamén vos sorprenden.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed