Aprende e goza catando:

Noticias

Non todos os lugares e momentos son os máis idóneos para realizar unha cata. Hoxe imos a ver as condicións ambientais perfetas para poder gozar de todos os matices do viño.

LUGAR
Dispoña na sala dunha boa iluminación, uniforme e regulable.
As paredes han de ser claras e estar limpas. É imprescindible a utilización de manteis brancos que lle axudarán a facer unha correcta comprobación visual.
Evite os ruídos. Provocan unha perda de concentración.
O recinto debe estar carente de olores que poidan distorsionar o seu sentido do olfacto.
É necesario contar cunha axeitada ventilación para evitar que se acumulen ou mesturen aromas.
A temperatura apropiada da sala debe situarse entre os 20 e 22ºC.
Recoméndase un grao de humidade no ambiente nunha proporción do 60 ao 70%

O MOMENTO DA CATA
Elixa as horas próximas ao mediodía. Preferentemente aconséllase a realización da cata pola mañá entre as 11 e as 13 h por estar a mente máis despexada e os sentidos máis espertos.
Catar é un xogo de equilibrio interno. Non esqueza que a fame excesiva ou a sensación de saciedade no estómago poden falsear as súas percepcións.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed