Bodegas Martín Códax celebra o Día Mundial do Enoturismo con xornada de portas abertas

Noticias

Bodegas Martín Códax festexa o Día Mundial do Enoturismo, que conmemórase o próximo domingo 13 de novembro, cunha xornada de portas abertas.

A adega cambadesa, que recentemente foi recoñecida como a Mellor Adega Aberta ó Enoturismo de España nos VI Premios de Enoturismo “Rutas del Vino de España”, estará aberta en horario de 10 a 14 horas para que todos os que se acerquen ata alí podan visitar a tenga e degustar a amplia variedade dos seus viños na Barra Atlántica (no interior da tenda da adega) con vistas panorámicas da Ría de Arousa e a súa contorna.

Ademais, os visitantes poderán gozar, nunha quenda ás 11 e outra ás 12 da mañá, de visitas guiadas á Adega cunha cata de dous viños acompañados de dus queixos con D.O. galega.

Para poder asistir é imprescindible reservar praza no teléfono 986 52 60 40 ou escribindo un correo electrónico a enoturismo@martincodax.com

O Día Mundial do Enoturismo está promovido por a Red Europea de Ciudades del Vino (RECEVIN) co obxectivo de divulgar a cultura do viño e a difusión do turismo do viño. Celébrase tódolos anos o segundo domingo do mes de novembro e  durante esta xornada teñen lugar diferentes actividades festivas e culturáis en distintas localidades.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed