Bodegas Martín Códax presenta o seu albariño Finca Xieles, un viño de eido homenaxe á tradición viticultora

Noticias

MCodaxFincaXieles-Bot2

As cepas máis antigas de Bodegas Martín Códax fan brotar as uvas que dan nome ao albariño Finca Xieles. Orientadas cara ao mar, érguense nun terreo de marcada pendente, dividida por muros de pedra, coñecidos en galego como socalcos. Os viñedos desta parcela, que mide preto dunha hectárea, foron plantados a finais do século XIX e conforman un dos terreos colleiteiros tradicionais máis antigos e máis importante de Cambados.

“A singularidade desta plantación é que mantén cepas prefiloxéricas (que datan de antes da reconversión de variedades), que ocupaban zonas marxinais, de baixa fertilidade, asentadas en solos graníticos, de alta densidade de plantación e con parras de baixa altura. Deste pasado pódense ver aínda cepas moi vellas, con troncos finos e moi arrevesados ou retortos, debido ás modificacións que sufriron as parras co paso do tempo, para adaptalos ás formas de traballo actuais”, explica o director técnico da adega, Miguel Tubío.

_DSF8496

Un viño dun único eido, coidadosamente plantado e seleccionado a man de forma tradicional, polos antepasados dun dos socios fundadores da cooperativa, Benito Castelo Baulo, un viticultor e membro desta gran familia de longa tradición vitivinícola e de profundo arraigamento no val do Salnés, ao que a adega lembra con profunda admiración, agarimo e respecto tras o seu falecemento a finais de 2019.

_DSF8390 editada

Todas estas características e este longo percorrido no tempo aportan a este albariño gran intensidade, largura e amplitude. “Dende 2006 en Bodegas Martín Códax traballamos na clasificación de zonas, co apoio das novas tecnoloxías, para seleccionar diferentes terróns e uvas procedentes exclusivamente de parcelas seleccionadas. Finca Xieles elabórase na súa totalidade con uva albariño, procedente exclusivamente dunha única parcela. Este viño ten unha crianza de seis meses en depósitos de formigón de 1.700 litros”, detalla Tubío.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed