Bolsa de emprego

Noticias

Bodegas Martín Códax naceu fai xa máis de 25 anos grazas ao esforzo e inquietudes de 50 viticultores. Hoxe en día, preto de 600 familias colaboran connosco.

Neste sentido, en Bodegas Martín Códax temos presente sempre isto e non esquecemos a nosa responsabilidade para co Val do Salnés: mellorar a calidade de vida da comunidade. Perseguindo este obxectivo, fai agora case 10 anos creouse unha empresa de servizos integrais vitivinícolas a disposición de todas as persoas asociadas e colaboradoras da adega, que cubría actividades de poda, aboados, xestión de chan… Hoxe en día, fomos moito máis alá e creouse unha bolsa de emprego para asociados e familiares co obxectivo de fomentar o traballo entre estas persoas.

Ante a situación económica actual produciuse un aumento do número de persoas que comezan de novo a traballar en explotacións familiares, que por outra parte ao tratarse de minifundios, non requiren de moitas horas de traballo. Por iso, dende Bodegas Martín Códax, pensamos que crear unha bolsa de emprego sería unha boa solución xa que permite traballar a estas persoas non só nos seus propios cultivos senón en cultivos alleos xerando unha renda adicional, amortizando o uso das súas maquinarias e co beneficio final de optimizar toda a xestión vinícola.

Trátase dun proxecto piloto que comezamos a desenvolver este ano e que aínda está nas súas primeiras fases pero que xa está a ter grande éxito e acollida entre os nosos asociados.

 

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed