Celebra o Día Mundial del Enoturismo cun túnel do viño en Bodegas Martín Códax

Noticias

Tunel_vino_DMEnoturismo_2023

Bodegas Martín Códax celebra o Día Mundial do Enoturismo, que se conmemora o próximo domingo 12 de novembro, coa organización dun túnel do viño o sábado 11 de novembro.

A adega cambadesa, que actualmente ostenta o recoñecemento como a Mellor Adega Aberta ao Enoturismo de España nos VI Premios de Enoturismo ‘Rutas do Viño de España’, organiza un túnel do viño onde se poderán coñecer de primeira man e degustar as diferentes elaboracións da adega acompañados de queixos con D.O. galega.

Os visitantes poderán gozar do túnel do viño nun turno ás 12, outro ás 13 e outro ás 17 horas. Cun aforo limitado de 30 persoas cada turno, as entradas, cun prezo de 12 euros, teranse que adquirir previamente na páxina web da adega.

O Día Mundial do Enoturismo está promovido pola Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN) co obxectivo de divulgar a cultura do viño e a difusión do turismo do viño. Celébrase todos os anos o segundo domingo do mes de novembro e durante esta xornada teñen lugar diferentes actividades festivas e culturais en distintas localidades.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed