Continúan As Tardes Do Atlántico ata setembro!

Noticias

A proposta enoturística de “As Tardes Do Atlántico” amplía o seu horario ata a primeira quincena de setembro, para permitir a aqueles que visiten a nosa terraza, durante este mes, poidan gozar dunha fusión da paisaxe, a gastronomía e a viticultura do Val do Salnés.

A intención destas propostas é dar a coñecer ao visitante a grandeza do Atlántico e de Rías Baixas, fusionado a través de catas maridaxe con viños de Martín Códax e deliciosos bocados, preparados coas recetas de distintos e revolucionarios cociñeiros de fama nacional. As tardes do Atlántico pretenden ser unha viaxe a través dos sentidos pola esencia e tradición atlánticas.

As Tardes do Atlántico de setembro constarán de dous pases horarios, cada día, os mércores, xoves e venres, na terraza; ás 19:00 h. e ás 20:00 h. Terán un prezo de 15 euros por persoa e a reserva deberá realizarse chamando á adega no teléfono 986 526 040 ou a través do correo electrónico:  enoturismo@martincodax.com

Calendario de As Tardes Do Atlántico de setembro:

Alta cociña en lata: 4, 11 e 12 de setembro.

Empanadas artesás: 5 de setembro.

Queixería Marqués de Valladares: Queixos do mundo. 6 de setembro.

Cociña en doce. 13 de setembro.

Astardesdoatlantico_02_SEPTEMBRO

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed