Copa do Mundo de Baloncesto 2014

Sin categoría
[metaslider id=122]

O albariño Martín Códax, o buque insignia de Bodegas Martín Códax, referente da D.O. Rías Baixas, será o viño branco oficial da Copa do Mundo de Baloncesto 2014 que se disputará en España. O convenio era asinado oficialmente hoxe martes 20 de agosto ás 13.00 horas no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, durante o transcurso do entrenamento da Selección Española de Baloncesto, que esa mesma noite disputaba un amigable fronte a Macedonia.
Ao acto da firma do convenio acudiu José Luis Sáez, presidente da Federación Española de Baloncesto, así como Juan A. Vázquez Gancedo, Director Xeral de Bodegas Martín Códax. No acto, tamén estiveron presentes os xogadores da selección que se preparaban para a disputa do EuroBasket que terá lugar en Eslovenia a partir do 4 de setembro.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed