En Bodegas Martín Códax apostamos pola II Feira Vegana e Sostible de Galicia e repetimos como expositor nesta segunda edición

Noticias

Bodegas Martín Códax participamos na II Feria Vegana y Sostenible de Galicia, que celebrouse este primeiro fin de semana de xullo en Vigo.

Dende a añada 2019 tódolos viños brancos de Bodegas Martín Códax son viños veganos, identificados, co selo de calidade V-Label, un símbolo rexistrado e recoñecido internacionalmente para o etiquetado de produtos veganos e vexetarianos promovido pola organización European Vegetarian Union. Este selo certifica que durante o proceso de elaboración dos nosos viños non se utilizou ningún componente de orixen animal, ni derivados dos mesmos.

Dende nosa dirección explican que “a principal diferenza na elaboración entre un viño tradicional e un viño vegano está en que é un proceso máis delicado e respetuoso co medio ambiente, sobre todo no momento de clarificación do viño previo ó embotelado”.

En Bodegas Martín Códax traballamos dende 2019 con calificantes de orixe vexetal, sobre todo proteína de pataca e de chícharo. Esta alternativa é moi eficaz para obter viños máis estables frente á evolución da cor, co que axuda a que se manteña un tono amarezo pajizo con reflexos verdosas durante máis tempo y ademais eliminan os amargores no final da boca.

“A nosa presenza nesta feira é unha clara reivindicación de que o público vegano e vexetariano impórtanos e  de que en Bodegas Martín Códax temos viños que se pode incluir nas súas eleccións de consumo e compra. Cada vez máis o público busca alimentos que eviten o uso de produtos de orixen animal na súa elaboración e composición. O éxito da primeira celebración desta feira e desta segunda edición, demostra que en Galicia cada vez é unha opción elexida por máis persoas, por elo non podiamos faltar”, señalan.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed