Encontro de blogueros

Noticias
O pasado 30 de maio recibiamos na adega unha visita moi especial. Os membros das vitácoras Vivir Galicia; Galicia Enteira; O Viaxadoiro; La Galleta Molona; Viajando Imágenes y Sensaciones; El Turista Cultural; Una Idea, Un Viaje y Cocina Gallega viron con nós para viviren unha experiencia única.

Comenzabamos o día poñéndonos as botas de auga e dispostos a mollarnos.  As mariscadoras da Cofradía de Pescadores San Antonio esperábannos para amosarnos o duro traballo que levan a cabo e que o pudésemos vivir de primeira man. ¿Qué mellor xeito de achegarnos á Ría de Arousa e á cultura que a rodea?

Tras unha pequeña visita á lonxa, era tempo de subir á adega e adentrarnos, agora sí, no mundo do albariño.

Unha cata de aromas na que poñer a proba o olfato dos bloggers e outra a cegas para demostrar o aprendido. Unha actividade dinámica e divertida na que coñeceron non só o proceso de elaboración dos nosos viños se non que tamén aprenderon a distinguir os seus aromas e sabores. ¡Obxectivo conseguido!

Tras unha mañana tan intensa, merecíanse un bo xantar. Os rapaces do Abastos 2.0 encargáronse de que se foran coas barrigas cheas.

¡Deica sempre!

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed