Entregados os premios 1000caminos

Noticias

ganadores-1000caminos

O pasado venres entregamos os premios, do concurso literario e fotográfico, 1000caminos nun acto celebrado no Museo das Peregrinacións de Santiago. Os tres premios (mellor relato, mellor fotografía e mellor guía segreda) consisten en viaxes para descubrir importantes enclaves de enoturismo en Europa.

O mellor relato, “Haciendo balance”, firmouno Esther Domínguez Soto que, como premio á súa creatividade, viaxará a Alemaña, concretamente a Frankfurt, onde poderá deleitarse cos viños de Mosela.

Sebastián Omar Sabalette, como vencedor da categoría mellor fotografía con “Compañeros coloridos”, disfrutará dunha viaxe a Francia, coñecendo París e logo a rexión vitivinícola de Borgoña.

Por último, o gañador na categoría guía secreta, Raúl Méndez disfrutará dunha viaxe a Italia, con rumbo a Venecia e a Toscana grazas a compartir coa comunidade 1000caminos o seu rincón segredo “Molinaseca, El Bierzo”.

E, se ademáis, queren facer unha visita ás Bodegas de Martín Códax, esperamos aos afortunados cos brazos abertos.

O concurso 1.000caminos ten por obxetivo promocionar os valores e as vivencias dos peregrinos que recorren o Camiño de Santiago.

Formas parte do Camiño? Participa!

 

 

[/mcodax-texto]

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed