Feria Womex 2014

Noticias
WOMEX 2014 contenido

Unha vez máis, Bodegas Martín Códax e a cultura van da man. Nesta ocasión, Martín Códax, foi o viño oficial de Womex 2014, a feira profesional internacional de World Music máis importante que existe na actualidade e que se realizaba por primeira vez en Santiago.
A feira inaugurábase o día 22 de outubro e permaneceu na capital galega ata o domingo 26. Contou con diferentes actividades, como unha feira comercial, un showcase festival, programas de conferencias e cine e concertos de apertura e clausura nos cales se entregaron os premios anuais que levan o nome desta cita. En todas estas actividades, as persoas asistentes, preto de 2600, puideron gozar do noso albariño tan ligado á cultura galega.
Entre os máis de 300 músicos invitados a Womex 2014, algúns deles como Uxía, Zambujo, Mercedes Peón ou Budiño, foron xa protagonistas do ciclo de concertos que a adega celebra nos meses de verán, “Os Xoves de Códax” e acudiron a esta feira como representantes da música galega e portuguesa ao máis alto nivel.
En definitiva, unha grande oportunidade para a música galega e para a proxección internacional da nosa cultura que situou a Santiago de Compostela no epicentro mundial da música.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed