Importancia do laboreo no viñedo

Noticias

As técnicas de mantemento do viñedo son necesarias para crear e manter un medio favorable para o crecemento e actividade das raíces da cepa, por iso en Bodegas Martín Cödax as consideremos tan importantes.

Unha das técnicas máis utilizadas en viñedo é olaboreo, combinado con cubertas vexetais. A súa finalidade é eliminar a flora adventicia ou “malas herbas”, mellorar as propiedades do chan (físicas, químicas e biolóxicas), controlar os parásitos e facilitar o manexo do cultivo.

Grazas a estas labores conséguese mellorar a aireación do terreo, mantendo o chan cunha estructura determinada e así mellorar as condicións de vida das plantas cultivadas.

O mantemento das adecuadas condicións no chan no cultivo da vide é ademais primordial para minimizar a competencia pola auga nos momentos nos que as cepas necesitan máis aporte hídrico.

Estes traballos poden poñerse en práctica con distintas técnicas: enterramento (vertedeira), arranque (cultivador), fracionamiento (fresadora) ou incluso a cava manual, sendo a práctica máis habitual o uso do motocultor ou fresado con tractor.

A pesares dos beneficios que o laboreo presenta para o viñedo, éste non é recomendable en tódolos casos como, por exemplo, as novas plantacións, nas que os sistema radicular das cepas non está o suficientemente consolidado.

O laboreo tampouco se debe poñer en práctica en parcelas con pendente superior ao 10%, porque se aumentaría a erosión e o risco de arrastre.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed