Martín Códax Arousa un viño de zona, reflexo do seu terrón e do mar

Noticias

MC_002_

O albariño Martín Códax Arousa nace dunha coidadosa selección de uvas, procedentes de micro parcelas acariñadas polo mar, na zona de San Tomé, en Cambados. Viñedos que crecen na desembocadura do Umia, cultivados por unha vintena de viticultores de longa tradición mariñeira e pesqueira.

“Estas pequenas parcelas a pé de mar, cheas de viñas plantadas nos oitentas, son viñedos tradicionais, vendimados por viticultores de gran tradición e arraigamento que traballan en pequenas extensións, con características singulares, reflexo do baño diario da brisa do Atlántico que, sumado ao solo granítico e ao microclima xerado coa mestura de augas, a riqueza de nutrientes e as temperaturas na ría de Arousa, conceden ao noso Martín Códax Arousa un sabor e unhas características representativas e especiais, reflexo da súa zonificación, do seu terrón”, explica o director técnico da adega, Miguel Tubío.

MCodaxArousa-Bot

Os viticultores e viticultoras de Bodegas Martín Códax cultivan e coidan 2.500 parcelas que dan lugar a zonas diferenciadas, xa non só en función das plantas, cuxa idade media é de 35 anos, senón grazas tamén á diversidade de terróns e á atomización de viñedos, que nos permite facer viños como Martín Códax Arousa, tan representativo precisamente desta zona de mar.

“Dende 2006 en Bodegas Martín Códax traballamos na clasificación de zonas, co apoio das novas tecnoloxías, para seleccionar diferentes terróns e uvas procedentes exclusivamente de parcelas seleccionadas, que deron lugar a un viño tan extremo e con tanto nervio como o Martín Códax Arousa que leva unha crianza con lías de 18 meses en depósitos de aceiro inoxidable”, detalla Tubío.

Un viño de 2017 con marcado carácter salino, iodado e atlántico. Persistente e profundo, con aromas que lembran ás plantas do litoral de Galicia como o verdello e o fiúncho de mar, que marida perfectamente con mariscos, peixes brancos e ceviches.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed