Martín Códax en Vinexpo

Noticias

O pasado mes de Xuño, concretamente entre os día 19 e 23, desenvolvíase en Burdeos o maior salón mundial de viño, Vinexpo. Por suposto, Bodegas Martín Códax non podía faltar a esta importante cita bianual, que celebraba nesta edición os seus 30 anos de existencia. Ata alí trasladáronse Juan Vázquez Gancedo, director da adega; Pablo Buján, director comercial; Katia Álvarez, enóloga e Paula Lobato, comercial de exportación. Catro días de intenso traballo que serviron, entre outras cousas, para mostrar as novas tendencias e presentar novas anadas, entaboar novas relacións comerciais e intercambiar e compartir ideas de negocio.

Vinexpo volveu ser todo un éxito, experimentando un aumento do 3% de visitas de estranxeiros, batendo o seu propio record, con 48.000 visitantes de 47 países diferentes.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed