O noso albariño Martín Códax Lías añada 2019, foi nomeado pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) como un dos tres Mellores Viños Brancos sen barrica de España do 2021 nos XIII Premios AEPEV que recoñecen os Mellores Viños e Destilados de España durante o ano.
Con este recoñecemento, a nosa adega suma xa oito anos recibindo a máxima distinción da AEPEV. Ademais de Martín Códax Lías, que revalida o seu título, xa recibiron este galardón noutras ocasións outros dous viños da nosa adega: Martín Códax e Martín Códax Vindel. Este ano, ademais, tamén recibiu este recoñecemento a Augardente branco Martín Códax, alzándose como un dos tres Mellores espirituosos de España do ano.

Tanto Martín Códax Lías como o Augardente branco foron recoñecidos nunha votación a dobre volta polos críticos da AEPEV na s. Este ano, tiveron que decidir entre máis dun milleiro de referencias propostas na primeira fase do concurso, das cales só pasaron á segunda volta 139 viños e 46 espirituosos nos 15 capítulos aos que optaban.


