Martín Códax Lías, Mellor Viño Branco de España 2017

Noticias

Lías imagen contenido

Pódese empezar o ano cunha nova mellor?

O noso Martín Códax Lías, Mellor Viño Branco (sen barrica) de España 2017!

Non podemos estar máis contentos. E non so polo premio en sí, senón porque é o cuarto ano consecutivo que a “Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV)” outorga esta distinción a un dos nosos viños.

No caso de Martín Códax Lías, xa  foron dous as anadas premiadas: a actual e a anada 2011 no ano 2014. No 2015, foi a súa principal marca, Martín Códax, coa anada 2014. E no 2016, Martín Códax Vindel foi o viño elexido.

Nesta ocasión, trátase da “IX Edición de los Mejores Vinos y Espirituosos de España”, e na cata, con votación a dobre volta, participaron máis de 650 marcas. 

orientación dos nosos viticultores hacia a calidade e a nosa implicación en I+D+i,  a través de proxectos como Globalviti ou Vinovert ou o uso de ferramentas coma a teledetección,  permítennos aumentar constantemente a calidade dos nosos viños.  O resultado, a boa crítica tanto do consumidor coma da prensa especializada.

Podes comprobar se o premio é merecido, comprando unhas botellas do noso Martín Códax Lías na nosa tenda online!

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed