Martín Códax, ouro nos Premios Magnum 2018

Noticias

PREMIOS MAGNUM 2018 MC FB

Martín Códax 2017 continua cultivando boas noticias! E é que se acaba de coñecer o resultado dos Premios Magnum 2018, o concurso de viño en formato dobre no que o noso albariño sumou unha medalla de ouro ao seu palmarés!

Os Premios Internacionais Magnum contan co recoñecemento da Organización Internacional da Viña e o Viño ( OIV), e suman xa dez edicións poñendo en valor o formato dobre no mundo do viño. En total concedéronse un total de 24 medallas: tres gran ouro, 17 de ouro e catro de prata. No concurso participaron este ano un total de 80 referencias procedentes de diversos países de todo o mundo, entre eles Italia, Francia, Líbano e, como non, España.

Nesta última edición dos premios internacionais do gran formato, o xurado, composto por expertos do sector vinícola como catadores, enólogos ou xornalistas especializados, outorgou unha medalla de ouro a Martín Códax 2017, sendo este un dos dous únicos Rías Baixas galardoados nesta edición.

E ti, probaches xa Martín Códax en formato magnum?

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed