Martín Códax, prata no International Wine Challenge

Noticias

IWC plata MC 530x382 copia

¡O noso albariño segue sumando recoñecementos! A calidade e frescura de Martín Códax foron premiadas con medalla de prata no International Wine Challenge (IWC), un dos principais concursos de viños a nivel mundial.

O minucioso sistema de cata a cegas do IWC é o que aporta prestixio aos premios concedidos neste concurso. Ao longo do proceso de cata, cada viño que recibiu medalla tivo que ser probado en tres ocasións por, polo menos, dez xueces.

Nesta edición, o xurado estaba composto por líderes da industria do viño e a comunicación, así como ‘Masters of Wine’ que lideraban cada unha das mesas como Tim Atkin, Sarah Abbot ou Peter McCombie, entre outros.

E non só temos que celebrar a medalla obtida por Martín Códax, Burgáns tamén foi recoñecido co mesmo metal no International Wine Challenge e no ‘Decanter World Wine Awards’ .

¿Ganas de albariño? ¡Con Martín Códax e Burgáns acertarás!

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed