O noso albariño Martín Códax, referente da D.O. Rías Baixas, foi seleccionado para a exclusiva carta de viños de Copa Airlines Business Class e estará presente nela durante todo o primeiro trimestre do 2017.
Así, os pasaxeiros da clase executiva poderán disfrutar do noso viño máis emblemático, xa dende xaneiro e ata o próximo mes de marzo, en todos os voos da principal aerolínea de Panamá. E non é primeira vez que esto ocorre, xa no 2014 tivemos esta gran honra.
Copa Airlines, nomeada en diferentes ocasións coma unha das mellores aerolíneas do Caribe e Centro América, viaxa a 69 destinos repartidos ao longo de 30 países de todo ocontinente americano. Agora temos o pracer de viaxar con eles!



