O xoves 11 de Xullo acompañounos nos Xoves de Códax a polifacética Mercedes Peón. Enxeñosa e profundamente conceptual demostrou que se encontra nun momento da súa carreira especialmente brillante. O seu último disco “Sos“, creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma, é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, se erixe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento.


