O sector vitivinícola expón en Martín Códax a súa estratexia de futuro

Noticias

PTV 530X382 contenido

A Plataforma Tecnolóxica do Viño (PTV), que reúne a todos os axentes da cadea de valor da industria vitivinícola, presentou, durante o seu Encontro Anual, o 4 e 5 de maio, en Bodegas Martín Códax, a Axenda Estratéxica da Innovación para o periodo 2017-2020. A Axenda estrutúrase en oito grandes estratexias e 29 obxetivos específicos.

A presentación da Axenda dividiuse en torno a seis áreas temáticas: viticultura, proceso, producto, economía, saúde e sostenibilidade e cambio climático.

Así, para os próximos tres anos, a Comisión Técnica da Plataforma plantexou múltiples retos de cara a impulsar a rentabilidade do viñedo español, “potenciando a súa calidade, diferenciación e tipicidade”.

Para iso, na área de viticultura buscarase minimizar os efectos das plagas e as enfermedades da vide, traballarase na aplicación de ferramentas e indicadores que faciliten o seguimento e manexo do cultivo e explotarase a selección clonal para a mellora da calidade e da adaptabilidade das variedades da vide.

O sector traballará tamén na mellora dos procesos de transformación para aumentar a calidade e o valor engadido do viño, desenvolvendo a biotecnoloxía enolóxica. Nesta liña, por exemplo, potenciarase a investigación vinculada a viños con baixo contido alcólico.

Outro dos grandes obxetivos buscará adaptar máis o producto ás necesidades e expectativas do consumidor. Así, traballarase en novos envases e na elaboración e validación de productos derivados da uva e do viño.

Sostibilidade e cambio climático

Unha das áreas de actuación que cobran máis forza no sector vitivinícola é a de sostibilidade e cambio climático. Así, os axentes da industria do viño, da man de centros de investigación, estudiarán as mellores estratexias de adaptación e mitigación do cambio climático na viticultura e na potenciación dunha economía circular.

Con este fin, valoraránse e unificaranse indicadores para evaluar o impacto medioambiental e traballarase tamén na redución do uso da augua en todo o proceso productivo e na maior sostibilidade dos cultivos.

De cara a eliminar o termo residuo da  industria platease a creación de productos non comestibles como tintes, colorantes ou fibras a partir de subproductos vitivinícolas, así como abonos a partir das peles.

Por último, na área de saúde, estudiaranse os efectos beneficiosos do viño e dos seus compoñentos para a saúde e promoverase a súa comunicación, articulándola de maneira eficaz. Asimesmo, se promoverase o consumo responsable e moderado dentro da dieta mediterránea.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed