Os premios da Crítica de Galicia

Noticias

 

Bodegas Martín Códax invitou o pasado sábado á Fundación dos Premios da Crítica de Galicia a celebrar o 35 aniversario dos seus premios cunha comida na adega á que asistiron a maioría das persoas premiadas ao longo das 34 edicións pasadas. Un encontro de boa parte das figuras que axudaron a construír durante máis de tres décadas a cultura galega.

Un pincho na terraza da adega abría o evento que durou máis de 4 horas e no que moitos dos alí presentes, entre eles Torres Queiruga ou Xesús Alonso Montero, quixeron expresar unhas palabras de agradecemento, onde defenderon a importancia dunha cultura propia para Galicia.

O peche púxoo a marabillosa voz de Uxía Senlle, acompañada á guitarra por Sergio Tannus, poñendo o broche da reunión.

Bodegas Martín Códax tamén quixo deixar constancia do seu apoio á cultura e da importancia da implicación das empresas para facer de Galicia un lugar para vivir e sentir.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed