Ouro para Organistrum

Noticias

new

Estamos de parabén!

O noso albariño elaborado con contacto en madeira, Organistrum, obtivo recentemente unha medalla de ouro nun dos concursos máis prestixiosos de Reino Unido, o Sommelier Wine Awards.

Este Rías Baixas foi elixido nunha cata ás cegas na que participaron un total de 2500 viños. O xurado estivo composto por diferentes Másters Sommeliers e Masters of Wine e para elixir os viños gañadores tivéronse en conta aspectos como a tipicidade, a versatilidade ou a personalidade do viño.

O Sommelier Wine Awards naceu en 2007 e hoxe en día consolidouse como unha referencia para os consumidores do Reino Unido.

Os xuíces describírono como un viño espléndido e complexo; un albariño equilibrado, mineral e delicado con notas florais e de mel e un estilo que mantén a tipicidade.

Xa o probastes?

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed