Regata Martín Códax Rías Baixas

Noticias
regata

Estamos de noraboa!

A 50ª Edición da “Regata Martín Códax Rías Baixas” e o Real Club Náutico de Vigo, como organizador e promotor da mesma, están nominados aos Premios TodoRegatas 2014, na categoría de “Mellor Regata de Cruceiro de 2013”.


Estes galardornes están organizados pola prestixiosa publicación especializada TodoRegatas, estando considerados como unha das principais referencias do sector náutico. Acompañando á “RegataMartín Códax Rías Baixas” nesta nominación encóntranse nada máis e nada menos que a “Copa do Rei” do Real Club Náutico de Palma e a “Regata Cartagena Portmán” do Club Náutico de Portmán, o cal fai máis reconfortante se cabe esta nominación.
 

Agora só queda esperar a ver os resultados finais, pero, como se adoita dicir e con total honestidade, nós xa nos sentimos gañadores.


Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed