Tomas Lindahl, premio Nobel de Química, visita Bodegas Martín Códax

Noticias

20191119_183239

O premio Nobel de Química Tomas Lindahl visitou as nosas instalacións. Este biólogo e investigador sueco recibiu o prestixioso galardón en 2015 polos seus traballos de investigación sobre a reparación do ADN.

Lindahl é un apaixonado confeso do mundo do viño e foi catador profesional, de aí os seus amplos coñecementos, pero aínda así se mostrou ansioso por probar os nosos albariños e estivo curioso, atento e participativo durante as explicacións da nosa enóloga Katia Álvarez e da nosa directora de Márketing, María Garrido. Da súa man puido coñecer a historia da nosa cooperativa e achegarse máis ao traballo dos viticultores e viticultoras que conforman Adegas Martín Códax, ademais de catar os nosos viños, e entre eles algunha novidade.

Nesta visita, tivemos a sorte de contar tamén co profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge Mira Pérez e coa alcaldesa do Concello de Cambados, Fátima Abal, quen lle fixo entrega da Folla de Prata a Lindahl.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed