Vinovert, por unha viticultura máis sostible

Noticias

vinovert post

En Bodegas Martín Códax seguimos apostando pola investigación, a innovación e a calidade. Así, seremos a única bodega española que traballe, xunto con outros socios de España, Francia e Portugal, no proxecto Vinovert, liderado pola Universidade de Burdeos, para estudar a reducción do uso de fitosanitarios na viticultura, respondendo así ás novas esixencias  do mercado en materia de medio ambiente.

A demanda de produtos respetuosos co medio ambiente aumentou con forza nos últimos anos, demandas ante as que o sector vitivinícola non é inmune. Por iso, en Vinovert exploraráse a viabilidade técnica e económica da reducción do uso de plaguicidas de maneira localizada e adaptada aos diferentes climas e empresas.

O enfoque do proxeto analizará de maneira transversal a capacidade real para cambiar as prácticas actuais de protección do viñedo en materia de viticultura. Deste xeito estudiarase tamén a receptibilidade do consumidor europeo de cara á compra destes viños con certificado medioambiental, que verán incrementado os seus costes.

 En concreto, dende Bodegas Martín Códax estudaremos a viabilidade de produción de viñedos biolóxicos en Rías Baixas. En función das diferentes análises de indicadores e residuos, iremos adaptando os métodos de traballo no viñedo de cara a conseguir o menor impacto medioambiental e a maior calidade do produto.

O consorcio asocia diferentes disciplinas de investigación, coma a agronomía, a viticultura, a enoloxía ou a experimentación, cun total de 16 socios, entre os que se atopan recoñecidos institutos de investigación e universidades, así coma empresas de produción e comercialización, que traballarán para conseguir un abastecemento máis responsable da industria do viño.

O proxecto está financiado polo programa europeo de cooperación territorial Interreg SUDOE cun presuposto de 1,2 millóns de euros para os próximos tres anos.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed