Xoves de Códax solidarios

Noticias

Por segundo ano consecutivo Os Xoves de Códax destinará o importe dos importes das entradas a diferentes asociacións benéficas da zona co obxectivo de contribuír ao benestar da comunidade do ámbito e como parte da nosa estratexia de responsabilidade social. Deste modo, elixíronse 8 entidades diferentes que recibirán, en senllos eventos previstos para xullo e agosto, os importes das entradas.

As asociacións elixidas son as seguintes:

  • Fundación Amigos de Galicia, asociación invitada ao concerto de apertura de Rosa Cedrón e Emilio Rúa
  • Esperanza Salnés, presente no concerto de Carmen París e Xabier Díaz o próximo 9 de xullo
  • AECC, que nos acompañará no espectáculo de Banda Crebinsky o 16 de xullo.
  • Fundación Andrea, invitada á actuación de Orquestra Os Modernos o 23 de xullo.
  • Ingada, invitada ao concerto de O Sonoro Maxín que pechan o mes de xullo.
  • Cáritas, compartirá protagonismo con Guadi Galego e Pachi García o 6 de agosto.
  • Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, será invitada a gozar do flamenco de Radio Pesquera o 13 de agosto
  • AFAGA, que nos acompañará no espectáculo de Eliseo ParraMarcelo Dobode o 20 de agosto.
  • Cociña Económica de Santiago que estará presente no concerto de clausura dos Xoves con Martirio e Uxía.

SOBRE AS ASOCIACIÓNS QUE RECIBIRÁN OS BENEFICIOS DAS ENTRADAS:

Fundación Amigos de Galicia:

A fundación desenvolve plans de cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de carencia ou limitación de recursos económicos e traballa así mesmo pola igualdade na infancia.

Esperanza Salnés:

Asociación de atención a discapacitados físicos e intelectuais con servizos multidisciplinares de logopedia, pedagoxía terapéutica, fisioterapia e psicoloxía.

Asociación Española contra o cáncer:

Presta servizos de atención integral a persoas enfermas de cancro e as súas familias dende unha perspectiva psicosocial, desenvolve proxectos de sensibilización social sobre a enfermidade e a súa prevención e actividades de prevención e educación para a saúde, entre outras.

Fundación Andrea:

Fundación de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais cuxa finalidade é a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza ás familias que, contando con escasos recursos económicos, teñan de coidade aos seus fillos con este tipo de doenzas.

Ingada: 

Organización que presta servizos de asistencia integral ás persoas afectadas con TDAH e trastornos asociados.

CÁRITAS. Diocesana de Santiago de Compostela-Interparroquial de Arousa:
Entidade que desenvolve diferentes accións sociais, entre elas a atención básica a familias e persoas en situación ou risco de exclusión laboral. Ofrecen comedores sociais, roupeiros, servizos de hixiene e lavandaría, alfabetización de adultos, comedores sobre rodas para persoas maiores e dependentes…

Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.

Asociación que dá resposta ás necesidades de planificación e avance na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida aos refuxiados saharauís que se dá en Galicia en coordinación coa Delegación Saharauí para Galicia.

AFAGA

Esta entidade ofrece unha seria de servizos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e os seus familiares, a través de talleres, apoio psicolóxico, asesoramento legal e social, coidados no domicilio e información sobre diversos aspectos relacionados con enfermidades neurodexenerativas.

Cociña Económica de Santiago.

É unha institución benéfica de carácter privado, que se creou no ano 1891 co obxecto de favorecer ou axudar á clase proletaria e indixente, proporcionándolle alimentación nutritiva, sa e barata, estendéndose a todos os que o demanden a mínimos prezos e dando educación e instrución a unha infinidade de persoas que alí concorre e carecen dela.

Para adquirir entradas pinche aquí. 

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed