Día Europeo do Enoturismo

20 de Xaneiro de 2012

Bodegas Martín Códax

Os estrelas Michelín Rafael Centeno, do Restaurante Maruja Limón  e Alberto Prelcic, de Silabario, realizaron un showcooking na adega con motivo do Día Europeo del Enoturismo que completou as prazas o mesmo día de facerse público.

A demostración de cociña enganchó aos asistentes que terminaron a xornada cun magnífico sabor de boca.

O pasado domingo 10 de novembro, celebrabamos na adega o Día Europeo do Enoturismo cun éxito rotundo. Preto de 100 persoas visitaron as nosas instalacións durante a xornada de portas abertas que organizamos e outras cincuenta puideron gozar da actividade principal que, sen dúbida, foi o grande atractivo da xornada: O showcooking dos estrelas Michelín Rafael Centeno, do restaurante Maruja Limón, e Alberto Prelcic, do Restaurante Silabario.

As prazas para esta demostración de cociña en directo completáronse o mesmo día en que demos a coñecer a actividade, en tan só cinco horas. E a verdade foi que os cociñeiros do Grupo Nove souberon sorprender a todas as persoas invitadas coas súas elaboracións e maridaxes. Un total de 6 creacións culinarias acompañadas dos principais viños da adega que foron presentados pola responsable de enoturismo, María Otero e comentados pola nosa enóloga, Katia Álvarez.

Un suculento cebiche de navallas, preparado polo xefe de cociña de Maruja Limón, e unha gamba branca con arroz meloso de codium e verduras que elaborou Prelcic, foron os pratos que abriron a demostración e que maridaron á perfección co noso albariño Martín Códax. Precisamente foi Alberto, do Restaurante Silabario, o encargado de continuar coa demostración preparando para acompañar a Martín Códax Lías unha ameixa Babosa sobre un guiso de fabas de Lourenzá e trompetas dos mortos.

Para Organistrum, Rafa Centeno decantouse por unha vieira asada e as súas ovas, realizadas coa singular técnica de esterificación.

Por último, e como traca final, chegaba a maridaxe máis complicada de todos. Que propoñerían os Estrela Chicha para Martín Códax Gallaecia? Un guisote de Rubio e un bacallau asado en pan de Brona, brandada de unto afumado e feixón kenia foron as propostas de Rafael e Alberto, respectivamente. E hai que dicir que ambas as dúas foron todo un acerto.

Ás 15.30 horas remataba a cociña en directo e os asistentes, que gozaran ao grande durante as catro horas que durou, íanse con ganas de repetir a experiencia. E é que a xornada foi para chuparse os dedos.

Os estrelas Michelín Rafael Centeno, do Restaurante Maruja Limón  e Alberto Prelcic, de Silabario, realizaron un showcooking na adega con motivo do Día Europeo del Enoturismo que completou as prazas o mesmo día de facerse público.

A demostración de cociña enganchó aos asistentes que terminaron a xornada cun magnífico sabor de boca.