III Edición Premios Martín Códax da Música

17 de Febreiro de 2016

O mellor da música galega reúnese en Martín Códax na gala de nomeados ós premios.

premiosmartincodaxmusica (9)

premiosmartincodaxmusica (2)

premiosmartincodaxmusica (6)

premiosmartincodaxmusica (5)

premiosmartincodaxmusica (8)

premiosmartincodaxmusica (4)

premiosmartincodaxmusica (1)

premiosmartincodaxmusica (3)

premiosmartincodaxmusica (10)

premiosmartincodaxmusica (11)

Xa son 3 as edicións que se celebran dos Premios Martín Códax da Música. E, ano tras ano, un dos intres máis emotivos e de máis alegría é a gala de nomeados que celebramos na nosa bodega. Unha festa para os músicos na que, tras semanas de espera, saben se optan aos preciados Melómanos de Víctor Lorenzo e, máis importante ainda, quen serán os seus compañeiros de viaxe na competición.

Nesta ocasión, a 20 días da gala final que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, o mellor do sector musical galego volviase a reunir nas nosas instalacións. Nervios, sorpresas e, sobre todo, caras de felicidade entre os protagonistas desta festa na que se fixeron públicos os nomes dos nomeados das 16 categorías musicais e os 3 Premios Organistrum. En total, 57 proxectos que pasarán á segunda rolda de votacións:

Pop e indie: Eladio y los Seres Queridos / Novedades Carminha / Silvia Penide

Rock: Agoraphobia / Foxy Freire / Martelo

Blues, funk & soul: Nastasia Zürcher/ Pablo Carrera / The Lakazans

Jazz e músicas improvisadas: Alberto Vilas Quartet/ Orquestra de Jazz de Galicia / Xan Campos ESD

Hip-Hop e músicas urbanas: Sokram / The Last Minute Experience / Wöyza

Música clásica e contemporánea: The Last Man of Fukushima/ Vertixe Sonora Ensemble / Zoar

Folque: Caxade / Cuarteto Caramuxo / Vaamonde, Lamas e Romero

Música tradicional galega: Davide Salvado / O Fiadeiro / Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Músicas do mundo: Crebinsky / Dous / Trilitrate

Canción de Autor: Guadi Galego / Uxía & Narf / Xoel López

Música infantil: A Gramola Gominola / Brinca Vai! / Xiqui Xoque Fiú Fiú!

Electrónica: 2Pasos / Cinta Adhesiva / Croma

Metal: Aphonnic / In.Verno / Mutant

Reggae, Ska & Mestizaxe: A Banda da Balbina / Dakidarría / Transilvanians

Orquestras, grupos e música de verbena: Claxxon / Orquestra Os Modernos / Os da Ría

Coros e Grupos Vocais: De Vacas / Sisters in the House / The Lollipops

Premio Organistrum Salas: A Arca da Noe / Aturuxo / Garufa Club

Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Feito a Man / Nigranjazz

Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: Abretedeorellas / GZMúsica / Tres Peixes Voando

Se queres coñecer máis detalles sobre os premios e os grupos que participan, pincha aquí. 

#culturamartincodax #pmartincodax2016

O mellor da música galega reúnese en Martín Códax na gala de nomeados ós premios.