Doble medalla de ouro en Cinve 2017

06 de Marzo de 2017

Recoñecemento á calidade de Martín Códax e Martín Códax Lías

A décimo terceira edición do Concurso Internacional de Vinos y Espirituosos, CINVE 2017, volveu a traer ledicia á nosa bodega.

Martín Códax 2016 e Martín Códax Lías 2014 conseguiron sendas medallas de ouro en CINVE 2017, tras recibir unhas das máximas puntuacións do prestixioso concurso. Dúas medallas de ouro que se suman á lista de galardóns recibidos por estes Rías Baixas elaborados con uva 100% albariño.

Un xurado, dirixido por María Isabel Mijares e composto por relevantes personalidades do sector como enólogos, xornalistas especializados no mundo do viño e distribuidores nacionais e internacionais, foi o encargado de valorar as máis de 600 mostras de viños participantes nesta edición do concurso.

O traballo dos nosos viticultores e do noso equipo de viticultura e enoloxía, en busca sempre da máxima calidade, fai posible todos estes recoñecementos.

Recoñecemento á calidade de Martín Códax e Martín Códax Lías