Martín Códax Lías, Mellor Viño Branco Novo de España.

09 de Xaneiro de 2015

A AEPEV elixe ao albariño Martín Códax Lías como o mellor viño branco sin barrica de España nunha cata de doble volta á que se presentaron máis de 600 marcas.

Martin Codax Lias Mejor Vino Blanco de España

Dos 640 viños presentados á cata da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV), só un fíxose co título de Mellor Viño Branco Novo de España 2014 (sen barrica).

Non é de estrañar que fose o noso albariño Martín Códax Lías, que ao longo do 2014 obtivo numerosos premios e obtivo as mellores puntuacións nas guías máis prestixiosas: medalla de prata no concurso Mono Viños, medalla de ouro na Guía de Viños e Destilados de Galicia, 93 puntos na guía Peñín ,94 puntos na guía Gourmets, 95 puntos na guía Proensa

Os membros da AEPEV elixiron Martín Códax Lías, nunha votación a dobre volta e aínda teremos que esperar o próximo 10 de abril para poder recoller o premio que se entregará no transcurso dunha gala celebrada en Montilla (Córdoba).

Dirixida por María Isabel Mijares, a AEPEV é unha sociedade sen ánimo de lucro que abrangue territorialmente a totalidade de España. Constituída por profesionais que exercen a comunicación do viño e o seu ámbito o seu obxectivo principal é defender o viño como bebida saudable e a imaxe do sector nos medios de comunicación e ante a opinión pública en xeral así como representar ao colectivo que o forma.

Se aínda non gozaches deste viño, un albariño elaborado tras unha vendima seleccionada e cunha crianza coas mellores lías finas dos depósitos da nosa bodega, agora podes adquirir a anada gañadora (2011) na nosa tenda online. Sorprenden a súa untuosidade e volume en boca así como a súa intensidade aromática e o retrogusto onde destacan as notas de panadaría.

A AEPEV elixe ao albariño Martín Códax Lías como o mellor viño branco sin barrica de España nunha cata de doble volta á que se presentaron máis de 600 marcas.