Martín Códax Vindel, mellor viño branco según La Semana Vitivinícola

28 de Abril de 2015

Logra a mellor distinción na guía de viños da revista decana do sector.

martin-codax-vindel-mejor-vino-blanco-SeVi

O noso último lanzamento, o albariño Martín Códax Vindel, acaba de ser premiado pola Guía de Viños 2015 da Semana Vitivinícola como o Mellor Viño Branco, despois de obter a mellor puntuación entre todos os viños presentados.

Martín Códax Vindel logrou 97 puntos nesta importante guía de viños. Trátase da puntuación máis alta recibida na categoría de viños brancos, entre os 370 viños catados no seu mesmo rango.

A Semana Vitivinícola, revista decana do sector en España, lanzaba a quinta edición da súa guia o pasado 27 de abril. Trátase dunha guía pioneira en clasificar os viños catados e puntuados segundo a variedade de uva maioritaria na súa elaboración, apostando polo criterio varietal como a mellor forma de conectar co consumidor. Nesta ocasión, catáronse e puntuado 1.567 referencias vinícolas grazas á participación de 398 bodegas de 67 rexións produtoras españolas.

O galardón recollíao María Garrido, directora de mercadotecnia da bodega, na entrega de premios celebrada o luns 28.

Logra a mellor distinción na guía de viños da revista decana do sector.