Martín Códax, unha as Mellores Adegas Españolas da Década segundo a AEPEV

Noticias
MicrosoftTeams-image (65)

A Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) desvelou a lista das 13 “Mellores Adegas Españolas da Década” durante o transcurso da Gran Cea da Comunicación do Viño celebrada en Madrid.

Entre elas, atópase a nosa adega, converténdose así na única adega do D.O. Rías Baixas en obter este recoñecemento, cuxa distinción se realiza tras contabilizarse todos os resultados dos premios anuais da AEPEV, votados polas súas 170 asociados desde xaneiro de 2010 a decembro de 2020, resultando así a lista das mellores adegas de España escollidas por xornalistas e profesionais do sector.

Desde hai máis de 30 anos AEPEV vén contribuíndo ao coñecemento e divulgación do mundo vitivinícola a través dos profesionais do xornalismo e comunicación do viño, traballando por elevar a percepción do sector. Así, a asociación ten por obxectivo axudar a consolidar España, terceiro país produtor de viño do mundo, como referente de calidade na industria adegueira a nivel internacional.

A difusión nacional e internacional desta noticia sitúa na opinión internacional ao sector vitivinícola español en xeral e a Adegas Martín Códax en particular, consolidándose como un auténtico referente dos viños galegos máis aló das súas fronteiras.

Gustouche? Compárteo en redes!

Noticias relacionadas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Fill out this field
Fill out this field
Por favor, introduce un enderezo de correo electrónico válido.
You need to agree with the terms to proceed