Bodegas Martín Códax presenta a VI edición de “Os Xoves de Códax”

02 de Marzo de 2015

O ciclo arranca con forza co concerto de Silvia Pérez Cruz e Uxía e máis fusión ca nunca

Os Xoves de Códax 725x320px

Un verán máis, e xa van seis, Bodegas Martín Códax presenta “Os Xoves de Códax”, o seu ciclo de concertos estival que reúne a algún dos mellores artistas galegos, moitos deles en fusión con grandes do panorama nacional. A mellor maridaxe de albariño e cultura musical arrancará co concerto de Silvia Pérez Cruz e Uxía e programará, en total,  nove concertos, seis deles de fusión e, por tanto, irrepetibles.

Como cada verán, os concertos terán lugar os xovesde xullo e agosto a partir das 20.30 horas, na terraza de Bodegas Martín Códax, un lugar privilexiado para disfrutar das postas de sol veraniegas.

Siguiendo o funcionamento de pasadas edicións, para poder asistir ao ciclo de concertos será preciso adquirir as entradas dende a tenda online de Bodegas Martín Códax (www.martincodax.com). Terán un coste de 10 euros e os beneficios obtidos destinaranse a diferentes asociacións sen ánimo de lucro da zona, como parte do compromiso e a responsabilidade social da bodega para coa comunidad galega.

As entradas dos concertos de xullo estarán disponibles á venta a partir do 12 de xuño ás 12.00 horas. As dos concertos de agosto, poderán adquirirse a partir do 3 de xullo ás 12.00 horas.

Estas tardes de música e viño, por sexto año consecutivo, permitirán aos asistentes descubrir novas formas de sentir e vivir os viños da bodega.

O calendario de concertos previsto es el siguiente:

FECHAS ARTISTAS
6 de xullo Sílvia Pérez Cruz e Uxia
13 de xullo Cristina Pato e Woyza
20 de xullo Miguel Lamas e Lin Cortés
27 de xullo Nastasia Zürcher
3 de agosto A Banda de Balbina
10 de agosto Rosario la Tremendita e Abe Rábade
17 de agosto Os amigos dos músicos
24 de agosto Alba Molina e Marcos Teira
31 de agosto Budiño, Javier Limón e Luiz Caracol

 

Sobre Sílvia Pérez Cruz e Uxía:

Uxía  e Silvia Pérez Cruz, dúas das voces máis importantes e renovadoras que deu a música popular na península, invítannos a un concerto único en formato intimista no que o jazz, o flamenco e a rumba convivirán co alalá e ritmos brasileiros, da man do virtuoso multi-instrumentalista Sérgio Tannus e o guitarrista Mario Mas.

Sobre Cristina Pato e Wöyza:

Cristina, unha das artistas máis internacionais do panorama musical galego, sempre disposta a explorar novos territorios, únese ao hip-hop de Wöyza, outra loitadora local. Xuntas, con vocación ecléctica, fundiránse nun crisol de ritmos, melodías, armonías e sensacións, máis alá dos patróns preconcebidos. Con esta proposta que bebe do manantial da improvisación e da conexión personal, Cristina  e Wöyza adéntranse nun universo experimental onde o convencional non ten cabida.

Sobre Miguel Lamas y Lin Cortés:

Mestre da fusión de estilos e punta de lanza do novo flamenco, Lin Cortés, un dos artistas máis respetados do panorama nacional unirá a súa voz á melodía de Miguel Lamas, músico ferrolán que toca a batería dende os catro anos, acostumado a compartir escenario con músicos da talla de Tom Kennedy, Gergo Borlai, Jorge Vistel ou Pepe Bao.

Nastasia Zûrcher:

A cantante e compositora suizo-galega Nastasia Zürcher, gañadora do Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría blues, funk e soul, preséntase en directo acompañada de teclados, guitarras e beatbox (percusión vocal) con protagonismo para a autenticidade vocal que a caracteriza. As súas composicións aséntanse así nun estilo descarado e moi persoal.

Sobre A banda de Balbina:

En plena Fessta do Albariño, Bodegas Martín Códax únese á celebración programando diversión coa Banda de Balbina, os seus ritmos fiesteiros e a súa marcada retranca. A banda mantén dende os seus inicios unha proposta que mestura ritmo e melodía coa musicalidade da lingua galega.

Sobre Rosario la Tremendita e Abe Rábade:

A artista Rosario La Tremendita, flamenca por tradición, fusionase co pianista e baterista Abe Rábade. Acostumados a actuar en diferentes formatos, a súa unión no escenario, sen dúbida, sorprenderá aos asistentes. Ambos porán en marcha a súa faceta máis creativa para compoñer un espectáculo único.

Sobre Os Amigos dos músicos:

Os Amigos dos músicos, gañadores do Premio Martín Códax da Música 2017, serán os representantes do indie nesta sexta edición. A riqueza instrumental das súas composicións, as armonías vocais adaptadas á plasticidade da lingua galega e os seus elaborados arreglos estanlles valendo múltiples recoñecementos este ano polo que non podían faltar dentro do programa de Os Xoves de Códax.

Sobre Alba Molina e Marcos Teira:

A traxetoria musical de Alba Molina toca estilos musicais tan diversos coma o pop, o bolero, ritmos brasileños e caribeños, jazz fusión e, por supuesto, o flamenco. O seu concerto en fusión con Marcos Teira, guitarrista tamén heterodoxo será do máis apasionante, un espectáculo extrovertido e intimista á vez.

Budiño, Javier Limón e Luiz Caracol:

Budiño, músico que enraíza a súa  música na tradición galega combinada cos sons máis contemporáneos será protagonista dun concerto de fusión internacional. A él uniránse as voces de Javier Limón, especialista en jazz, flamenco e músicas do mundo con 10 grammys no seu haber e do cantante portugués Luiz Caracol. Presentarán así un  espectáculo multicultural de sons, linguas e voces.

#osxovesdecodax #culturamartincodax

O ciclo arranca con forza co concerto de Silvia Pérez Cruz e Uxía e máis fusión ca nunca