Mellor Grupo Cooperativo do Ano

17 de Febreiro de 2017

Tan só un ano despois de ser elexidos “Mellor Bodega” pola Guía de viños Sin Mala Uva, a nova edición desta publicación ven de nomear a Bodegas Martín Códax “Mellor Grupo Cooperativo do ano”. 

Este novo premio foi concedido grazas ao tratamento que facemos dos viños monovarietais, xa que esta guía, escrita polo xornalista Ernesto Gallud, é a primeira publicación dedicada en exclusiva aos viños elaborados cunha soa variedade.

A nova coñecémola o pasado 27de novembre, durante  a gala de presentación da nova edición desta publicación,  que en 2015 foi escollida como “Mellor Libro do Mundo sobre viño europeo” nos premios Gourmand.

A guía otorga altas puntuacións aos viños da bodega, como os 93 puntos recibidos por Martín Códax Lías e Martín Códax Vindel ou os 92 dados a Organistrum e Martín Códax Gallaecia, entre outros.

Estas altas puntuacións son as que inclinaron a balanza a favor de Bodegas Martín Códax á hora de recibir esta distinción.