A crítica falou e fíxoo de novo para enxalzar as virtudes e a calidade dos nosos viños. Por terceiro ano consecutivo a Asociación Española de Xornalistas e Escritores do viño (AEPEV) outorgounos a máxima distinción.
A orientación dos nosos viticultores cara á calidade e a nosa implicación co I+D+i, a través de proxectos como o Cenit Demeter ou Globalviti ou o uso de ferramentas como a teledetección, permítennos aumentar constantemente a calidade dos nosos viños. Unha calidade que recoñece tanto o consumidor final como a prensa especializada.
Primeiro, no ano 2014, foi Martín Códax Lías 2011. Despois, no 2015, Martín Códax coa colleita 2014. No 2016, foi Martín Codax Vindel o viño elixido como “Mellor Viño Branco sen barrica de España”.
Este Rías Baixas, elaborado con uva 100% albariño, foi premiado tras unha votación a dobre volta na que tomaron parte máis do 90% dos membros da AEPEV e na que tiveron que decidir entre as 1055 marcas propostas na primeira fase do concurso. Destas, pasaron á final un total de 143 viños.
Nacido no centenario da aparición do Pergamiño Vindel e ao que rende homenaxe co seu nome, Martín Códax Vindel é froito dunha viticultura extrema. Unha viticultura encamiñada a lograr un viñedo de vigor baixo, moi poroso e cunha alta superficie foliar que provoca un escaso rendemento. O resultado, unhas uvas rosas de albariño cunhas características únicas e gran complexidade aromática.
A que esperas para probalo?